Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (economia-porcentaxe.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión celebrada hoxe na rexión croata de Dalmacia para abordar o futuro do programa Interreg, que financia a cooperación entre rexións e municipios da Unión Europea, e debater os avances que favorecen a cooperación transfronteiriza en Europa. A conferencia permitiu facer balance da experiencia adquirida ata a data nas tres modalidades de cooperación territorial existentes -transfronteiriza, transnacional e interrexional-, así como da súa aplicación durante o período 2021-2027. Os participantes coincidiron na importancia da cooperación territorial, pois permite aos diferentes territorios intercambiar experiencias e traballar xuntos en igualdade de condicións.

Opinión

OpinionHabía una vez un niño de 12 años que se llamaba Matías. Era un niño bueno y aplicado, que estudiaba mucho en clase. Pero Matías tenía un gran enemigo, las Matemáticas. Era muy malo en mates, por mucho que estudiara. Un día, cerca ya de final de curso, llegó a su ciudad un circo. Todos los niños hablaban de...
Núñez, Ana

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (praia_mar.jpg) O 97% das zonas rexistradas no censo de augas de baño de Galicia conta cunha clasificación sanitaria de excelente ou boa. Así se recolle no informe final sobre o Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño 2023 elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentado hoxe no Consello da Xunta. O Goberno galego iniciará o vindeiro 1 de xuño unha nova campaña do Programa de vixilancia, tomando como referencia o informe final da pasada tempada. Na pasada tempada, e con motivo da entrada en vigor do Decreto 175/2022, do 13 de outubro, sobre vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia, a Xunta fixo públicas as augas de baño que pasan a formar parte do novo Rexistro de Augas de Baño de Galicia, ben na sección I (augas de baño incluídas no Censo de zonas de augas de baño, na sección II (augas de baño en avaliación) ou na sección III (augas con prohibición permanente do baño).

Notas de Galicia

O cancro anaplásico de tiroide, un dos máis agresivos e devastadores, actualmente ofrece poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5%. Non obstante, un novo estudo abre a porta cara a unha terapia innovadora. A investigación foi realizada por persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ambos os dous pertencentes á USC e ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia (IDIS).

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (arantza-portabales.jpg) A escritora Arantza Portabales recibiu o premio Clubs de Lectura 2024, por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante o curso. A entrega deste premio enmárcase na XVI Xornada de Clubs de Lectura, que congregou a máis de 400 coordinadores destes espazos educativos co obxectivo de compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura. As bibliotecas escolares galegas destacan pola calidade dos espazos de aprendizaxe, polas as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou pola formación en diversidade e igualdade.

Notas de Galicia

A Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña acolle o 'I Foro Transnacional. Arquitecturas do Mar e a súa Paisaxe Asociada', que supón o lanzamento do proxecto europeo SEALabHaus, no que arquitectos galegos e doutras rexións do arco atlántico español peninsular presentarán boas prácticas de rehabilitación, adecuación e intervencións, tanto en construcións litorais como na paisaxe asociada a elas.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (machado.jpg) Un guardia municipal
que jugaba de portero
y que no lo hacía mal
y si no tenía guardia
en la puerta principal
Machado en su equipo era
jugador muy especial.
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES