Skip to main content

Educación Galicia

Toda sociedade dedica os seus maiores esforzos á formación dos rapaces, como o mellor investimento cara ó futuro.

Pretendendo colaborar desde este Portal coa grande tarefa que os poderes públicos e infinidade de iniciativas privadas están acometendo, www.educaciongalicia.com ofrécese ó mundo da educación e a tódolos que nel estean interesados, para colaborar na tarefa e difundi-la realidade deste sector en Galicia.

Así, non só se poden atopar neste Portal datos dos centros de ensino, da Consellería de Educación, de certames xuvenís, senón tamén información sobre a festividade do Día das Letras Galegas, con información relativa a tódolos homenaxeados, un Curso de Galego, Biblioteca Dixital e, en fin, unha “Tribuna Libre” na que mestres e alumnos poden expresarse con toda liberdade.

Estamos abertos a tódalas colaboracións. A educación é un mundo novo, especialmente pensado para os rapaces, pero sen excluír a ninguén.

Se o mundo da educación lle preocupa, este é o seu Portal, ¡Seguro!.