Skip to main content

Novas

  • O mestre do cinema xaponés Yasuzô Masumura é obxecto desde hoxe e ata finais e mes dunha retrospectiva no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, que lle ofrece ao público galego seis títulos claves na súa extensa filmografía. Organizado en colaboración coa Filmoteca Española e Japan Foundation, o ciclo Yazusô Masumura. Retratos ao límite busca afondar na particular ollada, en ocasións extrema e fóra do convencional, dun cineasta referente en Xapón, pero pouco coñecido en Occidente.
  • O Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, un evento organizado polo Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC en colaboración co Museo Provincial de Lugo co gallo da celebración do 70 aniversario do museo lugués, congregará do 7 ao 9 de novembro na capital amurallada a expertos internacionais en ourivería antiga. Este evento monográfico sobre arqueoloxía do ouro en Galicia, para o que xa se cubriron as 140 prazas de matrícula ofertadas, servirá para poñer en valor a importancia da ourivería tradicional galega, tesouros herdados das poboacións castrexas e romanas.
  • Un total de 69 xogadores galegos, procedentes das catro provincias galegas, participan nesta edición do Mundial, a máis numerosa das tres celebradas ata agora nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Durante as 11 rondas que se disputarán ata o día 16 de novembro medirán as súas forzas con rivais de 85 países, once dos cales lograron xa, a pesar da súa curta idade, algúns dos títulos máis prestixiosos que outorga a Federación Internacional de Xadrez (FIDE), como o de Mestre Internacional ou Mestre e Mestra FIDE. Máis aló do aspecto deportivo, a celebración do Mundial de Xadrez Cadete no Gaiás supón un impulso excepcional para o sector turístico de Galicia.
  • O Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12, que se celebrará ata o 16 de novembro no Gaiás, transformará á Cidade da Cultura na capital mundial deste deporte e reunirá ás mellores promesas, tanto galegas como internacionais. Con case 850 xogadores inscritos procedentes de 85 países, o Mundial de Xadrez Cadete será o máis numeroso en canto á participación dos tres da categoría que se teñen celebrado ata agora. A delegación galega estará formada por 69 xogadores, 54 nenos e 15 nenas procedentes de clubs das catro provincias.
  • O 97,5% dos fogares galegos con nenos e nenas en idade escolar (3 a 16 anos) ten contratado banda larga, aumentando un 3,9% respecto ao ano anterior e superando en 17,6 puntos aos fogares onde non residen estudantes. A contratación deste servizo aumenta nos fogares onde residen estudantes maiores de 16 anos, acadando o 98,9% e amosando a incidencia de Internet no período escolar e universitario. Así se recolle no estudo “A Mocidade e as TIC. Edición 2018” que publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á AMTEGA.
  • O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2017, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Martín’ continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Ademais, como novidade destaca que ‘Lucas’ substitúe a ‘Mateo’ como o segundo nome máis frecuente entre os nenos. Os nomes de mulleres máis frecuentes son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Daniela’, ‘Martina’ e ‘Sara’. Se se compara co 2016, ‘Alba’ desaparece da lista dos cinco primeiros nomes máis empregados e é substituído por ‘Daniela’.
  • As titulacións que se abordarán ao longo deste curso divídense en dous grupos. Por unha banda, 7 titulacións que, aínda que contan con demanda, están a ofertarse en máis dunha universidade do sistema. Neste caso proporanse accións para diversificar a oferta mediante orientacións. Por outra banda, traballarase na redefinición de tres parellas de enxeñarías habilitantes que se imparten en dúas universidades diferentes e comparten unha falta xeneralizada e persistente de alumnado. Ningunha destas parellas de enxeñarías acada no presente ano académico os 50 alumnos matriculados.
  • A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebra o vindeiro sábado 10 de novembro a segunda edición da súa xornada de divulgación «Ciencia Singular», un encontro que convida á cidadanía galega a coñecer in situ a investigación de excelencia que realizan CiQUS, CiMUS e CiTIUS. Adentrarse nun centro de investigación científica de excelencia para coñecer de preto ao seu persoal e o traballo que este desempeña.
  • Terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que superasen algún módulo dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais. Trátase dunha acción enmarcada na Axenda 20 da Administración autonómica, para favorecer as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e para que a formación que se imparte se adapte ás demandas reais do tecido produtivo do país.
  • Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación