Skip to main content

Novas

  • As Visitas Astronómicas volven este verán á Cidade da Cultura, convertendo o monte Gaiás nun observatorio privilexiado do ceo nocturno de Compostela. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica –de balde previa inscrición– nas que gozar a un tempo da maxia das estrelas e da arquitectura do complexo de Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores, as persoas asistentes observarán a lúa, os planetas, estrelas dobres ou nebulosas, aprendendo ademais, valéndose dun planisferio, a identificar as constelacións á primeira ollada.
  • O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution regresa do xoves 5 ao domingo 8 ao Salón Teatro de Santiago para se despedir do público no mesmo escenario no que esta adaptación da obra de Valle-Inclán foi estreada o 12 de abril e onde, por vez primeira, se desenvolverá unha función inclusiva o venres 6. Esta é unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela desta montaxe, dirixida por Xron, que acaba de rematar unha xira de dous meses por outros oito espazos galegos mais o Teatro Español de Madrid.
  • Na Cidade da Cultura actuaron máis de medio milleiro de músicos dentro do III Festival de Bandas infantís e xuvenís de Galicia, organizado pola Federacíón Galega de Bandas de Música Populares, interpretando todos xuntos o Himno Galego, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proclamara que estas bandas 'están na nosa identidade como pobo'. O Festival está organizado pola FGBMP, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Agadic e a Fundación Cidade da Cultura, e a colaboración de Tolemias.
  • Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural”
  • A Xunta porá en marcha un Plan 5 G, complementario ás medidas europeas e estatais, para que Galicia sexa territorio preferente na fase de pilotaxe de solucións tecnolóxicas baseadas na tecnoloxía 5G, segundo a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira.
  • No Día internacional contra o uso indebibo e o tráfico ilícito de drogas, chámase a sumar esforzos na loita contra o narcotráfico
  • Núñez Feijóo ven de intervir na Comisión Sedec sore o cambio demográfico en Europa, demandando que todas as administración se impliquen nunha política democráfica coordinada, ambiciosa e a largo prazo. E xaque as políticas públicas son só ferramentas para reverter a tendencia demográfica, recalca a necesidade de que a sociedade europea en conxunto impulse tamén un cambio cultural neste eido.
  • La Biblioteca Pública de Lugo acoge la exposición central de las Letras Gallegas 2018, que ahonda en el universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustraciones realizadas sobre ocho obras de la autora. 'María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes' es el título del proyecto expositivo, promovido por la Consellería de Cultura y Educación baja la coordinación del humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor. Después de recorrer la capital de Galicia, Pontevedra y A Coruña, la muestra llega a Lugo para difundir entre la ciudadanía el legado literario de María Victoria Moreno. Para eso, se exhiben ocho paneles con ilustraciones de los personajes principales y de los escenarios de ocho de sus libros.
  • Personal investigador del grupo de Estudios para la Prehistoria del NW Ibérico-Arqueología, Antigüedad y Territorio de la USC (GEPN-AAT) acaba de publicar el primer análisis detallado sobre el inventario del arte rupestre de Galicia. El estudio aborda cuestiones como el número de rocas que conforman el fenómeno rupestre gallego, su composición temática o su distribución geográfica. Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez y Ramón Fábregas Valcarce evaluaron el Preinventario del Servicio de Arqueología de la Dirección General del Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia.
  • El Gaiás festeja el Día de la Música con un concierto al aire libre de SondeSeu, la única orquesta gallega de folk contemporáneo y una de las primeras de Europa. Casi medio centenar de músicos se subirán al escenario de la Plaza Central del Gaiás a las 21 horas del 22 de junio para presentar, por vez primera en Galicia, su espectáculo 'Arraianos'. Será en un concierto con entrada libre y gratuita organizado por la Fundación Ciudad de la Cultura con la colaboración de la Agadic. 'Arraianos' conforma una explosión de fuerza y energía interpretativa asentada en la contundencia del sonido propio de SondeSeu.