Skip to main content

Notas

  • A enogastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Galicia, que é líder xunto a Andalucía en restaurantes recoñecidos coa Q de Calidade Turística. Celebraranse obradoiros sobre produtos como lamprea, caldeirada ou empanada, amais de mesas redondas e unha novidosa cata de diferentes tipos de pan galego, como base do novo Plan de Enogastronomía.
  • Un total de 13 científicos (8 deles en activo na actualidade) beneficiáronse deste apoio para crear e consolidar as súas propias liñas de traballo. O conselleiro Román Rodríguez mantivo unha xuntanza cos últimos tres Starting Grants cunha axuda de 700.000 euros.
  • Enmarcado no Plan Eduemprende, vai dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas, e este ano está dotado cun total de 12 millóns de euros. Avaliarase a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, así como a coherencia e carácter innovador dos proxectos, entre outros.
  • O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogrup) do Departamento de Enxeñaría Química da USC finaliza un estudo para Conservas Perez Lafuente co que constatan que os produtos galegos teñen a sustentabilidade ambiental como un dos seus eixos principais. Os investigadores analizaron de forma particular a conserva de atún ao natural da empresa arousá mencionada.
  • Os alumnos Marta Casas e Pablo González participaron neste evento internacional que explora as tendencias, posibilidades e oportunidades na industria hoteleira. Na 9ª edición deste certame que se celebrou na École Hôtelière de Lausanne, en Suiza, baixo o tema Miradas no futuro: seguindo o impulso do crecemento, formaron grupos con estudantes doutros países.
  • Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.
  • O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab. Parte da experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.
  • A Deputación Provincial impulsa con 350.000 euros a promoción de Lugo como cidade universitaria e a progresiva internacionalización do Campus Terra da USC, así como a captación de novo alumnado a través da habilitación dun plan de bolsas orientado a cubrir gastos de matrícula, a oferta de posgraos oficiais, a docencia semipresencial a través da unidade e-Terra, a divulgación científica ou prácticas de campo.
  • Ramiro Parga, do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, e Carla Souto Gutiérrez, do CEIP Mato Vizoso, de Vilalba, resultan gañadores nas categorías A (ata 10 anos) e B (de 11 a 15 anos) do XLII Certame de DEBUXO INFANTIL do Belén de Begonte. Os premios do certame, no que participaron 157 debuxos, entréganse o 27 de xaneiro.
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria para a posta en marcha da iniciativa Radio na biblio, un proxecto piloto a través do que 20 centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria porán en marcha nas súas respectivas bibliotecas escolares un laboratorio de radio.