Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (xunta-equipo-2024.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe a configuración do novo goberno galego do que asegurou que está baseado na procura da 'excelencia' ante 'os novos retos e novas oportunidades' de Galicia. 'Estaremos á altura e empezamos a traballar xa', anunciou Rueda no acto de toma posesión dos doce conselleiros do novo Goberno galego no Pazo de Raxoi, do que asegurou que hai 'vimbios para traballar, incluso mellor do que viñamos traballando ata o de agora, e cuxo labor xa era moi destacable', enxalzou. Con este obxectivo, anunciou que o novo goberno no vai 'perder o tempo' e referendou o 'compromiso real' do novo equipo, ao que cualificou de 'doce mais un', para non defraudar a confianza depositada neles o 18 de febreiro.

Opinión

OpinionDesde que Claudio Rodríguez Fer publicou a primeira edición de "Lugo blues" en 1987, a profunda enerxía concéntrica da amurallada cidade luguesa quedou asociada ao blues, o canto fondo e doente da negritude americana que foi asumido universalmente por todas as marxinalidades do mundo. Aquela primeira edici...
Bao, Marcela

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.

Notas de Galicia

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas de Galicia

A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (lombardia.jpg) Lombardía, Lombardía.
Te gustaban los partidos
más de noche que de día.
Los goles que tú marcabas
la gente los aplaudía.
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES