Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (sergas-cirurxia.jpg) O sistema sanitario público galego sitúase como o terceiro con mellores tempos de espera media para acceder a unha intervención cirúrxica, dentro do Sistema Nacional de Saúde. Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, os datos a decembro de 2023 reflicten que o tempo medio de espera para cirurxías en Galicia sitúase en 67 días (61 menos que a media española) situada en 128 días.Neste senso, e atendendo a comparativa interanual, entre os meses de decembro do ano 2022 e decembro de 2023, o sistema sanitario público galego conseguiu reducir en 8 días o tempo de agarda dos pacientes galegos que precisan dunha intervención cirúrxica. Así, ao peche do pasado ano, a comunidade galega situouse só por detrás do País Vasco (63 días), e da Comunidade de Madrid (51 días).

Opinión

OpinionA Fundación Granell hónrase coa realización desta exposición da obra de Pestana. Faino por varias razóns. Primeiro porque se trata dun creador cunha fonda pegada surrealista e esta é a marca da casa: o surrealismo, de aí que se fale da Fundación coma o museo surrealista. Segundo, porque Pestana era un asiduo da Fund...
Sampedro, Jorge

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (festa-filloa-lestedo.jpg) A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).

Notas de Galicia

Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.

Notas de Galicia

Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (chantres.jpg) De profesión, periodista
que es hermosa profesión
y es vicio y es adicción
desde mi punto de vista.

Y lo afirma Lobatón.
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES