Skip to main content

Novas

  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fomentará que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentable, grazas a liña de acción Xogar en Verde. Trátase dunha iniciativa dentro da campaña Verdear é a actitude, posta en marcha pola Xunta de Galicia, co fin de afrontar os retos e valores de sustentabilidade. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá un taller de fomento de recollida selectiva, no que participaron aos rapaces do campus da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.
  • A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
  • O grupo reunirase na Cidade da Cultura de Galicia para propoñer as liñas de actuación e os obxectivos para o sector. Participarán representantes das principais entidades e empresas audiovisuais de Galicia, entre elas, o Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o Centro Galego de Artes de Imaxe, a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), Vaca Films, CTV, Ficción Producciones, Zeitum Films e Agallas Films.
  • A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove a lingua e cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas. O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes.
  • Un total de 110 centros escolares incorporarán o libro dixital nas súas aulas o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital E-Dixgal acada os 264 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos (40%). Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 264 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (37 novos para o vindeiro curso), 47 de Lugo (22 novos), 19 de Ourense (11) e 107 de Pontevedra (40). Por ensinanzas, 162 incorporan o libro dixital en Primaria, 73 en Secundaria e outros 29 fano en Primaria e Secundaria.
  • O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.
  • A enfermidade do Párkinson é un trastorno neurodexenerativo que afecta o movemento das persoas. Prodúcese debido á perda ou dexeneración de neuronas situadas na substancia negra, unha estrutura que se atopa na parte media do cerebro. Esta perda provoca falta de dopamina, un neurotransmisor esencial para a función motora do organismo. Os doentes adoitan sufrir tremores, rixidez muscular e problemas de equilibrio e coordinación. Trátase dunha enfermidade que prexudica o sistema nervioso de forma crónica e progresiva. Unha das características desta patoloxía é a disfunción mitocondrial; é dicir, o mal funcionamento das mitocondrias nas células do paciente.
  • A Real Academia Galega (RAG) vén de facer pública a súa decisión de dedicar o Día das Letras 2019 a Antón Fraguas Fraguas, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán o vindeiro ano. Antón Fraguas destacou na súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e da cultura galega, así como no seu labor como profesor de instituto, chegando a impartir docencia na Estrada, en Lugo e en Santiago ata a súa xubilación en 1975. Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi un dos máis relevantes persoeiros no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo polos seus traballos como historiador e antropólogo.
  • As tres universidades galegas ofertarán por primeira vez o vindeiro curso 2018/19 catro graos en inglés. Así o avanzou na Comisión 4ª do Parlamento o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, quen detallou os títulos que estrearán este formato: Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña; Grao en Química da Universidade de Santiago; e Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais, ambos da Universidade de Vigo. Esta acción enmárcase no decálogo de medidas do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o trienio 2018-2020.
  • O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar. O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”.