Skip to main content

Novas

  • Este domingo, van ser homenaxeados en Guitiriz os chamados “Irmáns da lexía”, catro mozos coruñeses represaliados en 1936. Dous deles, France e Bebel, foron fusilados; a Jaurés aplicáronlle a “Lei de fugas”, e Pepín salvou a vida exiliándose en Hispanoamérica. Selva, filla de Pepín, participará nos actos de homenaxe. Homenaxear aos “Irmáns da lexía” é unha teima de décadas de Alfonso Blanco Torrado, crego en Guitiriz e revitalizador da cultura da Terra Chá a través de Xermolos e a Irmandade Manuel María, sendo obra súa o anual Festival de Pardiñas.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, María Pereira, participaron esta mañá na plantación de parte dos bidueiros exhibidos na intervención artística Betula Pendula, que se puido visitar nas Torres Hedjuk entre o 21 de marzo e o 19 de agosto.
  • Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
  • O programa Xuventude Crea está dirixido a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2017. A novidade con respecto á edición anterior é que se inclúe unha disciplina nova, o skate, co que o total de especialidades nas que se poderá participar ascenderá nesta ocasión a 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, skate e videocreación. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria favorecerá o retorno da mocidade do exterior para que cursen un ciclo de grao superior de Formación Profesional coa convocatoria dun total de 100 bolsas, cada unha delas dotada con 10.000 euros. Os beneficiarios poderán desenvolver os seus estudos ao longo dos dous cursos do ciclo. A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, supón un investimento por parte do Goberno galego dun millón de euros.
  • Un total de 114 novos centros sostidos con fondos públicos incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 267 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos, un 55% máis. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 267 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (38 novos para o vindeiro curso), 49 de Lugo (24 novos), 19 de Ourense (11 novos) e 108 de Pontevedra (41 novos). Por ensinanzas, do total de 114 novos centros, 66 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 41 en Secundaria e outros 11 fano en Primaria e Secundaria.
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matricula dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2018/19, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 2 escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros.
  • Ábrese un período de consultas preliminares ao mercado para deseñar as solución e servizos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas do consumo, e poñerase en marcha unha canle dixital para o ámbito educativo e a creación de contidos multimedia
  • Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
  • O D.O.G. ven de publicar o procedemento a seguir, ademais de determinar os efectos das homologacións e validacións, distribución de competencias entre departamentos e de regular prazos e documentación que se esixe en cada caso.