Skip to main content

Novas

  • Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación
  • DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade. Responsables de Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology o Clúster TIC Galicia, reuníronse esta semana co equipo directivo da Amtega para pechar o calendario de actividades deste último trimestre do ano, que se centra nas actividades para os máis novos.
  • A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de resolver a convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, co que se recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron 10 centros educativos de Galicia ao abeiro do Plan Proxecta. O Plan Proxecta -que o curso pasado chegou a 515 centros sostidos con fondos públicos e preto de 123.000 alumnas e alumnos– crea un marco xeral de cooperación grazas ao esforzo doutras consellerías.
  • Baixo o título “A lectura como ferramenta de equidade” chega á súa cuarta edición o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que cada ano organiza a AELG. A primeira das sesións desta edición centrada na igualdade correrá a cargo da narradora Ledicia Costas, que o 2 de outubro falará de “Luces e monstros, da realidade á fantasía”. O día 9 será a quenda de María Lado, que explicará “Como pode a litertura cambiar (un pouco) a túa vida”. Outra poetisa, Yolanda Castaño, collerá o relevo o día 16 para falar de “Chaves en letra miúda”. O 23 será a quenda de Carlos Negro coa conferencia “Versos para especies diversas (menú de aula)”.
  • A Xunta de Galicia está a impulsar un proxecto europeo de voluntariado ambiental que se desenvolve en espazos naturais protexidos da Comunidade. Trátase da iniciativa Vida Permanente con Voluntarios – Life Evergreen with Volunteer’ (LEWO), aprobado ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea. O obxectivo de LEWO é potenciar o patrimonio natural de Galicia a través dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas galegos entre os 18 e os 30 anos de idade inscritos no Corpo Europeo de Solidariedade.
  • A Cidade da Cultura de Galicia convértese este outono no lugar de encontro para músicos e educadores de toda Europa, ao acoller do 17 ao 19 de outubro, a YAMsession 2018. Trátase dun evento para coñecer o panorama da produción musical para público infantil e xuvenil e as novas correntes que se están a desenvolver a nivel europeo, así como para xerar oportunidades de colaboración entre programadores, produtores, artistas e profesores de música nacionais e internacionais.
  • A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 24 de novembro a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura’, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procurarán crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre as melloras a aplicar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.
  • A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.
  • O recinto de Expourense acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado. Galicia organiza esta vixésima edición do simposio nacional de voluntariado tomando a testemuña de Sevilla como sede e baixo a lenda Enlázate ao voluntariado. Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición daquelas persoas e entidades interesadas en asistir ao congreso, tanto para os mostradores como para a asistencia en grupo. Deben anotarse na páxina web do evento e teñen como data límite para facelo o 15 de novembro ou ata completar aforo.
  • 'A derradeira leición' do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o 'Guernica galego'— foi hoxe descolgada e embalada por técnicos especialistas para iniciar o procedemento de traslado desde o Centro Galicia de Buenos Aires a Galicia, onde se exhibirá por vez primeira na Cidade da Cultura —do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019— como eixe central de 'Castelao maxistral', homenaxe ao papel dos mestres e mestras das tres primeiras décadas do século XX na construción do ensino público.