Skip to main content

El Parlamento gallego pide que se profundice en la implantación de programación y robótica en la educación primaria

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

“Estamos apostando por unha liña de traballo para achegar a realidade tecnolóxica e dixital na que vive o alumnado ás aulas galegas, ao tempo que os nosos rapaces dispoñan das competencias e habilidades suficientes para desenvolverse no mundo tecnolóxico e dixital actual como cidadán responsable e activo”, sinalou o portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco.

Na súa intervención, Blanco lembrou que o programa electoral do PPdeG recolle expresamente o “fomento da mellora dos resultados en matemáticas do alumnado, innovando no proceso de ensinanza desta materia polos docentes e ampliando os coñecementos matemáticos a partir da introdución da Programación e a Robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia na Educación Primaria”.

“Trátase de desenvolver competencias clave como é a competencia lóxico-matemática e o pensamento computacional desde un enfoque responsable que reduza, e incluso elimine, a fenda dixital, loitando contra o analfabetismo tecnolóxico e funcional”, afirmou.

En concreto, o portavoz popular explicou que se traballarán aspectos como a programación, para dotar aos rapaces de habilidades na linguaxe e no modo de organizar o pensamento e cómo abordar os problemas; ou a Robótica, como o modo principal de interactuar cunha contorna que xa é plenamente cibernética.

Moisés Blanco sinalou que “as bases da programación e da robótica deben asentarse sobre o cotiá, o lúdico e a resolución de problemas, cunha ancoraxe clara en ámbitos como as matemáticas, as ciencias naturais e sociais, pero tamén a educación artística e musical, ao tempo que se vinculan dun modo transversal a todo o currículo”.

“A dotación destes equipamentos nos centros de ensino galegos, unida a un plan de formación específico en robótica dirixido ao profesorado vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas, ten como fin último que o alumnado dispoña das competencias e habilidades suficientes para desenvolverse no mundo tecnolóxico e dixital actual como cidadáns responsables e activos”, indicou.

O portavoz popular asegurou que “a robótica educativa é un sistema de ensino interdisciplinario que potencia o desenvolvemento de habilidades e competencias nos alumnos, nomeadamente todas aquelas que se traballan nas áreas científico-técnicas e matemáticas”.
R.