Skip to main content

Notas

  • Este mércores no Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo Etnolóxico de Ribadavia presenta o libro 'Museo aberto: saltando valados', nunha edición trilingüe galego, castelán e inglés que recolle a análise do programa 'Museo aberto', no que se analiza a experiencia do Museo con tres colectivos: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Cárcere de Pereiro de Aguiar e Cruz Vermella O Ribeiro.
  • O próximo mércores ás 20:00h. terá lugar no auditorio do Centro Cultural Cárcere Vello de Lugo, o acto de presentación do libro CO2, de Isidro Novo. Trátase da última obra publicada en vida por Isidro Novo e que por circunstancias que teñen que ver coa súa saúde e, infelizmente, co seu pasamento, non se puido presentar cando estaba previsto. No acto intervirán Carmen Basadre, concelleira de Cultura do concello de Lugo e Francisco Macías, responsable de Positivas, editora do libro.
  • “Docente excepcional, María Victoria Moreno foi unha escritora que axudou a conformar o sistema literario infantil e xuvenil nun contexto adverso, polo que podemos afirmar que foi pioneira desta literatura”. Así comezaba a profesora Blanca Roig Rechou a súa intervención no acto do Día das Letras Galegas que cada ano celebra a Universidade de Santiago, nun concorrido acto no Salón Nobre de Fonseca presidido polo reitor Juan Viaño e coa asistencia de numerosas autoridades académicas, políticas e civís.
  • Varela Producciones, la Compañía de Teatro de Blanca Marsillach, y la Obra Social “la Caixa” llegan a Vigo para presentar Entre versos y Marsillach, un proyecto de artes escénicas para uno de los colectivos con un rol más importante de nuestra sociedad: las personas mayores. La presentación a medios tendrá lugar el 25 de mayo en el Auditorio Municipal de Vigo.
  • A terceira edición de Xornalismo na Escola "la Caixa" rematou coa escritora e xornalista Elena Gallego como convidada especial no obradoiro realizado no IES Ferro Couselo de Ourense. A iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e da Obra Social "la Caixa" chegou nos últimos meses a uns 2800 alumnos de 45 centros de ensino secundario de 33 concellos galegos.
  • Medio milleiro de escolares dos centros educativos da cidade participaron no concurso “Apúntate unha idea, desmonta o alcohol”, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Esta mañá no salón de plenos tivo lugar a entrega dos premios, por parte do alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira, Sofía Godoy.
  • Pilar García Porto presentou as actividades promovidas pola Deputación de Lugo para homenaxear a María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. As iniciativas presentadas inclúen un taller de serigrafía, un concerto da Tradaescola coa Escola de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares da provincia.
  • Alumnos de infantil y 1º y 2º de Galicia participan en una campaña nacional para fomentar el reciclaje. Bajo el lema “Yo Hago Mi Papel”, la editorial Santillana ha puesto en marcha un proyecto para desarrollar una conciencia ambiental en los más pequeños. Así, 20.000 aulas y más de 300.000 alumnos y alumnas de 3 a 7 años aprenden la regla de las tres R (Reciclar, Reutilizar y Reducir).
  • Ao mediodía do venres, 11 de maio, rematou a recollida de adhesións á petición da Medalla Castelao para o crego e musicólogo Xesús Mato Mato.O total de adhesións recibidas ata ese momento foi de 2.538, das que 239 corresponden a Institucións, Asociacións ou empresas, ás que hai que sumar –cifra no momento de facilitar esta información- 705 firmas na web change.org.
  • O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, visitaron aos alumnos de 3ºC do IES Lucus Augusti de Lugo, para coñecer os traballos que están realizando co material didáctico doado pola Deputación na Semana Escolar das Letras Galegas, que este ano homenaxea a María Victoria Moreno.