Skip to main content

Notas

  • Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que se celebra en Santiago de Compostela, ten preparada unha segunda xornada con cinco compañías galegas como protagonistas: Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle. A través delas dáse conta da variedade de estilos que ofrece a carteleira desta sexta edición do encontro.
  • Nace o portal Universo Cantigas, que presenta a edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa, a continuar o traballo realizado nos anos 2010-2015 para o Glosario (http://glossa.gal). Desde o 17 de maio xa se poden consultar no enderezo universocantigas.gal os primeiros 150 textos coa perspectiva de chegar ás 640 cantigas en decembro de 2018; isto é, a primeira sección (cantigas de amor grosso modo) das cantigas galego-portuguesas.
  • Supermercados Gadis se ha alzado con el Premio Excelencia a la Salud 2018 en la categoría de Alimentación Saludable por su programa de visitas escolares 'Alimentes'. La distinción se ha producido en el marco del evento SaludFestival. A través de “Alimentes”, Gadis fomenta hábitos de vida saludable y consumo responsable entre más de 8.000 alumnos de Educación Infantil y Primaria de Galicia y Castilla y León.
  • Organizados pola Academia co respaldo das catro deputacións galegas, co obxectivo de avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, estes premios ofrecen ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos en formato audiovisual ou escrito. Levan ademáis o nome dunha xornalista que foi a primeira directora dun xornal diario estatal e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais.
  • O Concello de Ourense presentou hoxe o programa de actividades da Semana do Medio Ambiente, “deseñado dunha forma transversal, implicando diferentes servizos e concellerías, para concienciar os nosos cidadáns, pero especialmente os máis pequenos, da importancia de conservar o Medio Ambiente”, aseguraba o concelleiro José Araújo.
  • O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou nos Xardíns de Méndez Núñez, a exposición itinerante Picasso. A viaxe do Guernica, unha proposta da Obra Social Caixa que se poderá visitar até o 20 de xuño 'e que supón unha oportunidade para profundar no coñecemento do Guernica e nos procesos creativos dun dos artistas máis destacados da historia, así como para achegarnos á nosa propia historia'.
  • La clausura de la séptima edición del Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social (CERIS) de la Cátedra Inditex-UDC de RS ha contado esta mañana con la participación del director de Better Work, Dan Rees, que ha protagonizado la tercera sesión del Ciclo de Conferencias En Código Abierto 2017/2018.
  • Arantxa Portabales, Francisco X. Fernández Naval y Marcos Calveiro son los finalistas gallegos de la XXIV edición del Premio San Clemente Rosalía-Abanca, por las obras 'Deixe a súa mensaxe despois do sinal', 'Alba e o mar' y 'O cemiterio dos ingleses', respectivamente, las tres editadas por Galaxia. Los finalistas en lengua castellana y extranjera son Pedro Mairal, David Trueba , Antonio Orejudo, Robert Seetheler, Han Kan y Mircea Cărtărescu.
  • A entrega á USC da biblioteca persoal de Ramón del Valle-Inclán, así como do arquivo familiar, documentación sobre representacións teatrais das obras do autor, traducións e outros documentos diversos permite “unha imaxe da totalidade” respecto de Valle-Inclán e, en definitiva, o acceso “ao taller do escritor”. Con esta metáfora, a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos Zas, describía a importancia da cesión á USC do legado do escritor.
  • Este xoves a Asociación Cultural Eira Vella conmemora o seu 25 aniversario coa presentación do facsímil de A Xanela, na etapa de suplemento cultural de “Betanzos e a súa comarca”, que se entregará aos asistentes. A Xanela apareceu como suplemento deste periódico, antes de convertirse en revista independente, entre os meses de xuño de 1994 a maio de 1995, saíndo un total de doce números.