Skip to main content

Notas

  • Santiago volverá a vestir sus mejores galas en los escenarios históricos y monumentales que se reparten por la capital de Galicia para acoger, por octavo año consecutivo, el Festival Peregrinos Musicales. Al Teatro Principal, la Catedral de Santiago y el Auditorio de Galicia se añaden este año el Salón Teatro, el Paraninfo de la USC y el Auditorio de Sanxenxo.
  • A Concellería de Xuventude de Ourense vén de presentar, no salón de plenos municipal, un evento que pode cambiar o curso da historia: trátase do Survival Zombie, un xogo aberto a toda a mocidade (a partir de 10 anos) de Ourense no que haberá que procurar o antídoto contra unha praga de mortos viventes. Na organización haberá máis dun cento de persoas, e cóntase coa complicidade do Campus de Ourense de rugbi e dos Olimpo e Uro, de airsoft.
  • En colaboración coa Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes, o Museo de Belas Artes da Coruña ten aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros destinados a rapaces de entre 7 e 12 anos para xullo. Os obradoiros terán unha duración de 10.00 a 13.30 horas, de martes a venres, durante as tres primeiras semanas de xullo, salvo a derradeira semana do mes que se prolongarán ata as 14.00 horas. Os obradoiros teñen capacidade para 20 rapaces polo que se ofertarán en total 60 prazas.
  • A EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC ofrece 50 prazas de nova matrícula no primeiro curso do grao en Paisaxe, un título singular no Sistema Universitario Español e de carácter interuniversitario, que comezará a impartirse o vindeiro curso na EPS de Enxeñaría da USC, que será sede dos dous primeiros anos académicos dun grao, cuxo alumnado deberá completar os dous últimos cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
  • O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, para despois xirar por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune, entre outros galardóns.
  • Construír pensando na eficiencia, analizando a contorna antes de comezar a edificar para garantir que a obra sexa autónoma, gastando a menor cantidade de enerxía posible. Este foi o fío condutor do XII Simposio sobre Enerxías Renovables celebrado en Expourense e no que 16 expertos de España e Suíza promoveron a edificación responsable e sostible. A xornada reuniu a un cento de profesionais que seguiron con interese as ponencias e participaron activamente na rolda de preguntas.
  • Dentro das accións de implantación do 1º curso do novo Grao en Paisaxe que se impartirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (UDC) e na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), realizarase unha xornada de portas abertas o venres 15 de xuño na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Neste acto está prevista a presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
  • O escritor recibirá o vindeiro sábado a vixésimo cuarta edición da Homenaxe O/a Escritor/a na súa Terra - Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Nacho Taibo en Socio de Honra da AELG. Esta iniciativa conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído como unha celebración na que a terra de adopción do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental.
  • Varela Producciones, la Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viajará los días 20 y 21 de junio a Galicia para representar un proyecto de teatro social dirigido a personas con discapacidad, gracias al apoyo de la Xunta de Galicia. Un clásico, Lope de Vega consta de dos partes. La primera trata de una representación de aproximadamente 40 minutos en la que se interpretará una selección de varios textos del autor Lope de Vega.
  • O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.