Skip to main content

Notas

  • A feira de artesanía MOSTRART, que ten lugar nestas datas na Coruña dende 1985, vai a celebrar a súa edición número 34 a partir do sábado 28 de xullo (inauguración prevista as 12 h.). Mostrart estará instalada no paseo dos Xardíns de Méndez Núñez que está enfrente do Cantón Pequeno, un espazo privilexiado que permite unha visita agradable baixo a sombra. Este ano Mostrart amplía o número de participantes: 55 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia.
  • No acto que terá lugar o venres, 27 de xullo, ás 20,30, no Casino de Ferrol, intervirán Julia María Dopico Vale e o escritor Vicente Araguas.
  • A Amtega convoca a XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do CIXUG e do GPUL, respectivamente.
  • O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan desde finais de xullo ata setembro un total de 30 xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa “Tech Kids” para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.
  • Unha trampa natural visitada esporadicamente por neandertais hai uns 110.000 anos nunha canteira de calcaria de Becerreá (Lugo) podería ter xerado o depósito arqueolóxico no que un equipo do GEPN-AAT (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da USC e do IPHES (Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social) rexistrou ata 1.400 restos fósiles de fauna pertencentes a 40 especies distintas.
  • Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
  • A Feira do Libro de Sanxenxo presenta un amplo programa de actividades, que deron comezo cun acto inaugural con pregón do filósofo e catedrático da USC Marcelino Agís. Ata o domingo 15, terán lugar na praza dos Barcos máis de 25 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Presentacións e sinaturas de libros, exposicións, concertos, charlas e coloquios, ademais de actividades infantís, encherán de vida este céntrico enclave da vila.
  • A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece case setecentas acutacións nos meses de xullo e agosto ao longo de todo o territorio. Música, danza, teatro, e demais manifestacións artísticas chegarán aos concellos a través do circuito cultural da Deputación. Cun orzamento de case dous millóns de euros, a Rede Cultural da Deputación da Coruña promove ao longo do ano 2018 un total de 1.797 actuacións.
  • A Sede do Instituto de Estudos Ulloáns acolle este sábado a presentación dos últimos libros de Xosé Lois García, as obras teatrais “O proceso a Lucía Fidalgo” e “Auto do demo e da viñateira” e o poemario “No soño dos ollos”. No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado do director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, o escritor e investigador Héitor Picallo e o alcalde do Concello de Monterroso, Miguel Rico.
  • Chegados de todos os recunchos de España, este luns chegaron a Santiago os primeiros trinta estudantes de primeiro de bacharelato que escolleron a Universidade compostelá para participar nos Campus Científicos de Verán que xa van pola súa novena edición. Logo foron recibidos na Residencia Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e polo coordinador dos campus científicos, Luís Hervella