Skip to main content

Notas

  • A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.
  • A obra 'Máis alá do río do esquecemento' acaba de ser elixida como a gañadora do III Concurso 'Balbino' de Relatos, de maneira que o seu autor, Ricardo Ferreiro Almeda, natural de Sevilla pero con ascendencia galega, verá publicado dito relato por Edicións Fervenza, sendo ademais beneficiario dun premio de 1.500 euros. Os orixinais presentados debían ter unha extensión de entre 100.000 e 180.000 caracteres e centrarse na temática galega.
  • Ponse ao dispor do público a web www.academiadevilalba.org, promovida polos antigos alumnos e alumnas deste histórico centro que funcionou en Vilalba desde os anos 40 aos 70 do pasado século. A web, que estará en permanente crecemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando – con numerosas pequenas aportacións de lembranzas particulares- unha historia deste centro.
  • O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2018/2019. Preténdese con estas axudas mellorar as perspectivas dos universitarios en paro para a súa incorporción ao mercado laboral.
  • O programa de dinamización da lectura Ler conta moito achega neste mes de agosto 56 actividades a 35 concellos de toda Galicia. A convocatoria de axudas deste ano, dotada con 195.000 euros, e que se resolveu en maio, posibilita que 228 bibliotecas e axencias de lectura municipais de 173 municipios se beneficien ata finais de outubro das actividades que ofrece este proxecto.
  • Un verán máis, o programa de dinamización lingüística O galego campa! chega aos campamentos de verán da Xunta de Galicia cos obxectivos de favorecer neles a actividade en galego e mais de facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade.
  • O programa de artes escénicas Vive o Camiño arranca o vindeiro martes 31 de xullo no concello pontevedrés do Rosal coa primeira das máis de 40 actividades de balde e dirixidas a todos os públicos que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa ata setembro. Impulsada por Turismo de Galicia, a iniciativa forma parte dos compromisos do goberno galego, enmarcados no Plan director do Camiño que este ano dedica a ambos itinerarios.
  • A inauguración oficial desta nova Sala terá lugar na sala 8 deste Museo, dependente da Deputación Provincial de Lugo, nun acto público que se celebrará o próximo mércores, 1 de agosto, ás 12:30 h., segundo informa o Departamento de Difusión da Rede Museística do ente provincial lucense.
  • A feira de artesanía MOSTRART, que ten lugar nestas datas na Coruña dende 1985, vai a celebrar a súa edición número 34 a partir do sábado 28 de xullo (inauguración prevista as 12 h.). Mostrart estará instalada no paseo dos Xardíns de Méndez Núñez que está enfrente do Cantón Pequeno, un espazo privilexiado que permite unha visita agradable baixo a sombra. Este ano Mostrart amplía o número de participantes: 55 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia.
  • No acto que terá lugar o venres, 27 de xullo, ás 20,30, no Casino de Ferrol, intervirán Julia María Dopico Vale e o escritor Vicente Araguas.