Skip to main content

Notas

  • Esta exposición, a través de preto dun cento de fotografías, obxectos persoais e documentos, recupera a memoria do gran fotógrafo que naceu en Castroverde (Lugo), en 1917 e morreu en Bascuas (Lugo), en 2015, e que se converteu nun dos grandes retratistas da segunda metade do século XX. Presidida polo Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, a sede do Instituto Cervantes na capital francesa inaugurou o domingo esta mostra retrospectiva organizada pola Cidade da Cultura coa colaboración desta institución.
  • O Festival Internacional Galicreques adiantou hoxe a carteleira completa da súa 23ª edición, que do 13 ao 21 de outubro programará en Santiago de Compostela máis de 50 funcións a cargo de 23 compañías de sete países. A 23ª edición do festival ofrecerá tres estreas absolutas, ademais de 13 espectáculos que se presentan por vez primeira en España.
  • A Facultade de Dereito da USC acolleu a inauguración do congreso internacional 'Espazos globais e seguridade: estratexias de resposta española’ cuxo programa continuará os días 18 e 19 deste mes de outubro. Trátase dunha actividade promovida polo Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) e o Grupo de Estudos Internacionais (GRESIN).
  • O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a USC entregaron en Madrid os premios da primeira edición do Concurso Innovatia 8.3. ás iniciativas empresariais HGBeyond e Frame, as dúas lideradas por mulleres e creadas co apoio das súas universidades, as de Santiago de Compostela e Carlos III de Madrid.
  • As políticas públicas e a violencia contra as mulleres centran este martes a temática das xornadas de ‘Formación, educación, xénero e igualdade’ promovidas polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (Cifex) da USC e que se desenvolven na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).
  • Rosalía foi a protagonista da segunda edición do festival que durante o 29 setembro reuniu na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela espectáculos de música, teatro e danza, obradoiros de rap, a elaboración dun grafite e centos de produtos rosalianos. A imaxe dunha Rosalía superheroína, con capa e máscara, presidiu novamente o cartel do Festival Rosalía, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Santiago.
  • A USC mantense un ano máis no listado das mellores universidades do mundo que conforma o ránking Times Higher Education (THE) 2019, concretamente no intervalo 601-800 de entre preto de 1.300 institucións universitarias de todo o mundo. A ordenación das mellores universidades atende a cinco indicadores que se corresponden coas misións universitarias
  • 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Trátase da segunda vez que a Consellería habilita este procedemento para que os estudantes que cursan os seus estudos nos centros da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma.
  • Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear. O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany.
  • El Festiclown Palestina 2018, organizado por Pallasos en Rebeldía y dirigido por el clown Iván Prado, se celebra desde el pasado 17 de septiembre y hasta el día 30, por quinto año, con la ‘mision’ de llevar risas y música a los corazones, teatros y plazas, de los palestinos de Cisjordania. Durante cuatro días la ciudad de Nablus vió sus calles invadidas de arte y esperanza y cientos de niñas y niños vivieron la magia del circo en sus colegios.