Skip to main content

Valedor da Comunidade Universitaria

Universidad: 
Universidade Santiago
Dirección: 
Casa da Concha Rúa da Conga nº 1
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 547 145 ou extensión 12950
Fax: 
981 547 079

O valedor da comunidade universitaria é o órgano designado polo Claustro para a defensa e garantía dos dereitos dos membros da comunidade universitaria.

Poderá ademais instar e promover ante os órganos correspondentes actuacións e iniciativas para mellorar os dereitos e liberdades da comunidade universitaria así como a calidade en calquera ámbito da Universidade.

É unha institución independente dentro da Universidade, non está sometida a mandato imperativo ningún nin recibe instruccións de ningunha autoridade ou órgano de goberno.

A figura do valedor xurde na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996, cando se crea dotándoa dun Estatuto propio. Con posterioridade consolídase coa súa inclusión nos Estatutos da Universidade, nomeadamente no art. 11 dos mesmos. No ano 2006 desenvólvese o novo Estatuto do Valedor da Comunidade Universitaria polo que se rexe na actualidade.

As tres universidades que conforman o Sistema Universitario Galego dispoñen da figura. A Universidade da Coruña mediante o Valedor Universitario e a Universidade de Vigo a través do denominado Tribunal de Garantías.

No conxunto das Universidades españolas tamén ten gran raizame coas diferenciacións propias da autonomía universitaria e distintas nomenclaturas: Síndic de Greuges, Defensor Universitario, Defensor del Alumno, Tribunal de Greuges.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir