Skip to main content

Servizo de Xestión Económica e Contratación

Universidad: 
Universidade Vigo
Responsable: 
Jesús Bello Condide
Dirección: 
Campus universitario As Lagoas, Marcosende
CP: 
36310
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraVigo
Teléfono(s): 
986 813 791
Fax: 
986 813 857

Ao Servizo de Xestión Económica e Contratación correspóndelle xestionar administrativamente todos os procesos de contratación pública encamiñados á adxudicación, nas súas distintas modalidades, dos contratos correspondentes ás obras, subministracións, consultoría/asistencia/servizos e xestión de servizos públicos/xestión do patrimonio da Universidade de Vigo, así como, desenvolver, no ámbito dos Servizos Centrais, a xestión económico-administrativa derivada da adquisición de bens, produtos e servizos centralizados ou xerais da Universidade.

Integrámolo un conxunto de persoas que traballamos para que as necesidades e demandas de toda a comunidade universitaria en infraestruturas (facultades, escolas, bibliotecas, instalacións deportivas, aparcadoiros, reparacións menores etc.), en subministracións e equipamentos (de laboratorios, de centros, adquisicións xerais etc.), en servizos (vixilancia, limpeza, xestión de axudas de custos e bolsas centralizadas etc.), ou en concesións (cafetarías, comedores, reprografía, etc.), sexan atendidas dun xeito responsable e axil, ao someter as nosas actuacións aos principios de transparencia, legalidade, eficacia e eficiencia, e ao buscar sempre acadar altas cotas de calidade e a maior satisfacción de todas as persoas usuarias.

Campus: 
Lagoas, Marcosende
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir