Skip to main content

Servizo de Planificación e Programación de PAS

Universidad: 
Universidade Santiago
Dirección: 
Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 547 090
Fax: 
981 547 098

O Servizo de Planificación e Programación de Persoal de Administración e Servizos (PAS), configúrase como a unidade de apoio técnico á xerencia, para o desenvolvemento da política de persoal de administración e servizos da USC, centrándose a súa actividade fundamentalmente en tres aspectos: planificación dos cadros de persoal, provisión de postos e selección dos recursos humanos necesarios e a súa formación continúa.

Para a consecución desta misión ten encomendadas como funcións principais as seguintes: avaliación das necesidades de persoal e de formación, definir os perfís dos postos, elaboración das propostas de cadros de persoal, elaboración das ofertas de emprego, xestión dos procesos de selección e de provisión de postos, elaboración e xestión do plan de formación, funcións de apoio e soporte técnico e administrativo aos tribunais de selección e provisión de postos.

É tamén competencia do servizo a elaboración de propostas de regulamentación, informes, memorias ou estudos que sirvan de soporte aos órganos de goberno para a toma de decisións, así como facilitar a información aos órganos de representación da universidade de Santiago de Compostela.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir