Skip to main content

Servizo de Control Interno

Universidad: 
Universidade Santiago
Responsable: 
Elsa Mª Mosquera Barcia
Dirección: 
Casa da Balconada Rúa Nova, 6
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 56 31 00 Ext. 11303

A USC dispón dun Servizo de Control Interno responsable da verificación do cumprimento de requirimentos contables, orzamentarios e legais, que realiza o seguimento das diferentes dependencias da USC, segundo as normas, políticas e procedementos de control, que deseña e somete á aprobación dos órganos correspondentes.

No momento actual, a nova cultura da xestión pública esixe un emprego cada vez máis eficiente dos recursos que se xestionan, polo que é necesario orientar a función de control introducindo técnicas que permitan valorar o rendemento e contribúan á mellora do proceso de toma de decisións e á rendición de contas. Neste novo marco, a función de control é un instrumento de mellora da actividade realizada, destinada a facilitar o cumprimento dos obxectivos de legalidade, eficiencia, eficacia e economía, no desenvolvemento da xestión administrativa pública.

As funcións que desenvolve o Servizo son:

Asegurar o cumprimento das normas e procedementos que rexen a xestión contable e orzamentaria

Deseñar procedementos de control e coordinar e liderar a súa implantación.

Controlar o cumprimento da legalidade.

Colaborar na elaboración do orzamento asumindo tarefas de coordinación da información.

Coordinar a implantación de novas ferramentas vinculadas á xestión contable e orzamentaria.

Colaborar na implantación da contabilidade de custes

Colaborar na elaboración da documentación económico-financeira.

Dar soporte ao desenvolvemento da auditoría externa.

Supervisar a contratación administrativa.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir