Skip to main content

Oficina de Igualdade de Xénero

Universidad: 
Universidade A Coruña
Director: 
Faraldo Cabana, Patricia
Dirección: 
Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaA Coruña (Capital)
Teléfono(s): 
981 167 000 ext. 2388

A Oficina de Igualdade de Xénero achega todo o soporte técnico que for preciso para acadar os obxectivos de igualdade entre mulleres e homes.

A Oficina de Igualdade de Xénero ten encomendadas as seguintes funcións:

A promoción de estudos sobre as situacións de xénero na UDC.

Amparar a introdución da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos do coñecemento.

Fomentar a formación e investigación en estudos de xénero nas distintas áreas científicas.

Desenvolver actividades de difusión e extensión, tanto no seo da comunidade universitaria como no contorno social e cultural acerca da igualdade de xénero.

Impulsar accións que garantan condicións igualitarias para o acceso e promoción de mulleres e homes na actividade docente, investigadora, laboral e representativa da UDC.

Colaborar coas administracións e institucións galegas, estatais e internacionais na consecución da igualdade de xénero.

Coñecer, informar e no seu caso mediar nos posibles conflitos por discriminación de xénero na actividade académica e laboral da UDC.

Campus: 
A Coruña
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir