Skip to main content

Instituto de Informática

Universidad: 
Universidade Santiago
Dirección: 
Edificio Monte da Condesa. Campus Vida.
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 56 31 00

O Instituto de Informática é un centro de investigación e desenvolvemento científico e técnico, de docencia, de especialización, de aplicación, de divulgación e de prestación de servizos relacionados coa informática e as súas múltiples manifestacións dentro do ámbito das Tecnoloxías da Información.

Engloba a grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolven a súa tarefa investigadora en diversos ámbitos da informática e as tecnoloxías da información, na súa dobre vertente software--hardware. Dentro do marco do Instituto estes grupos poderán plantexar a realización de proxectos e traballos conxuntos e compartir infraestrutura para o seu desenvolvemento.

Os obxectivos poden ser divididos en obxectivos científicos, tecnolóxicos e docentes. Entre os científicos, o obxectivo primordial do Instituto é promover a coordinación entre os distintos grupos da Universidade de Santiago de Compostela que están desenvolvendo a súa investigación preferentemente en aspectos relacionados coa Informática e as Tecnoloxías da Información para, desta forma, rentabilizar ao máximo o esforzo investigador que, dentro deste campo, estase a realizar na Universidade.

Os resultados obtidos como froito desta investigación deben repercutir sobre a sociedade a través da súa divulgación en revistas e congresos e mediante patentes e a transferencia de produtos desenvolvidos (obxectivos tecnolóxicos).

Os obxectivos docentes, articúlanse a través de ensinos complementarios aos impartidos polos Departamentos da Universidade, fundamentalmente, mediante cursos de terceiro ciclo e outros cursos conducentes á especialización de investigadores en ámbitos de carácter interdisciplinar. A formación continúa de profesionais é outro obxectivo do Instituto. Para isto poderá impartir cursos e cursiños a iniciativa propia e a solicitude de entidades públicas e privadas.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir