Skip to main content

Herbario SANT

Universidad: 
Universidade Santiago
Director: 
Javier Amigo Vázquez
Dirección: 
Facultade de Farmacia Laboratorio de Botánica Campus Vida
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 563 100 ext.: 14977
Fax: 
981 594 912

É un servizo de apoio á investigación dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Trátase dunha colección científica en crecemento constante de espécimes vexetais desecados, etiquetados e tratados convenientemente para a súa preservación indefinida. As siglas SANT corresponden a súa matrícula internacional, coas que é recoñecido na comunidade botánica mundial.

Os seus obxectivos principais son os de reunir todo o material científico posible que sexa representativo da diversidade vexetal, prioritariamente de Galicia e secundariamente doutros territorios ibéricos, continentais ou mundiais. Os labores de investigación comprenden dende a recolección de mostras vexetais completas no campo, ata a súa catalogación e almacenamento seguindo unha ordenada sistemática botánica, pasando pola desecación, preservación, determinación, etiquetado e informatización de cada mostra.

O Herbario está aberto á comunidade científica en xeral e entre as súas actividades, esporádicas, figuran colaboracións en actividades docentes de 2º e 3º ciclo. Ademais, participa no proxecto "Flora Ibérica" e está no grupo de Herbarios ibéricos en colaboración co Global Biodiversity Information Sistem (GBIF).

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir