Skip to main content

Departamento de Dereito Público Especial

Universidad: 
Universidade A Coruña
Director: 
Rodriguez-arana Muñoz, Jaime
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaA Coruña (Capital)
Relacionado con: 

Creouse en 1991. Conta con 30 profesores, dos que 24 son doutores, que imparten docencia en varios centros da UDC, ademais de realizar unha intensa actividade investigadora. Conta coas seguintes áreas:

Dereito Administrativo. Con liñas de investigación en: Dereito público de Galicia, Gobernanza, Dereito urbanístico e Dereito ambiental. Inclúe ao grupo de investigación do Observatorio do Litoral.

Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Céntrase en Dereito comparado, europeo e norteamericano, do Traballo e da Seguridade Social. Ten relación co Instituto de Investigación da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social.

Filosofía do Dereito. A investigación oriéntanse á comprensión dos procesos de transformación do Dereito, da Bioética e o Dereito biomédico, partindo da análise do pensamento xurídico contemporáneo.

Dereito Eclesiástico do Estado. As materias de investigación son: Dereito Canónico, Dereito Eclesiástico do Estado, Dereito matrimonial comparado, Relacións Igrexa Estado, Liberdade relixiosa no Dereito Comparado, Relixión, Dereito e políticas gobernamentais.

Áreas que imparte:

Dereito administrativo

Dereito do traballo e seguridade social

Dereito eclesiástico do estado

Filosofía do dereito

Campus: 
A Coruña
Se imparte en: 
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir