Skip to main content

Consello Social

Universidad: 
Universidade Vigo
Responsable: 
Emilio Atrio Abad
Dirección: 
Edificio Miralles, campus universitario
CP: 
36310
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraVigo
Teléfono(s): 
986 812 663
Fax: 
986 812 686

O Consello Social da Universidade de Vigo constitúese de acordo co disposto na Lei orgánica 6/2001 do 21 de decembro de universidades e na Lei 1/2003 do 9 de maio dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, así como o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Claustro da Universidade de Vigo na sesión do 1 de outubro de 2003.

O Consello Social é o órgano de participación da sociedade na Universidade, que impulsa a colaboración entre as mesmas, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia, á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira. O Consello Social, no exercicio das súas competencias, gozará de plena independencia.

Campus: 
Vigo
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir