Skip to main content

Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE)

Universidad: 
Universidade Santiago
Director: 
Dr. Arturo Casas
Dirección: 
Facultade de Filoloxía / Campus Norte
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
881 811 000

O Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) é un centro propio da Universidade de Santiago de Compostela aprobado e constituído por decisión do Consello de Goberno o día 25 de marzo de 2010.

O CIPCCE ten encomendado o estudo científico dos fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, dos procesos culturais emerxentes. A prioridade fíxase na emerxencia literaria, artística e cultural no mundo actual, sen restrición a marcos territoriais ou lingüísticos específicos, polo que o ámbito de investigacións abrangue coordenadas abertas, entre o local e o global, referidas a manifestacións de carácter nacional ou internacional, así como a prácticas culturais asociadas a comunidades, colectivos ou mesmo axentes individuais.

O CIPPCE ocúpase igualmente de analizar a reacción das disciplinas tradicionais perante as novas realidades culturais sinaladas e a aparición correlativa de alternativas metodolóxicas e heurísticas.

En tanto non dispoña de sede propia estábel, o Centro localizarase nas dependencias da Facultade de Filoloxía, á que están adscritos cinco dos oito grupos de investigación promotores.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir