Skip to main content

Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)

Universidad: 
Universidade Santiago
Dirección: 
Centro de Estudos Avanzados. Rúa das Salvadas, s/n. Parque de Vista Alegre
CP: 
15782
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 56 31 00, ext. 16339
Fax: 
981 55 99 62

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) é un proxecto interdisciplinario que se enmarca no ámbito dos Centros Propios da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que conta coa participación e o apoio activo de institucións e organismos extra-universitarios que representan os intereses da sociedade. O obxectivo principal é a investigación, a docencia, a información, a formación continua e o asesoramento técnico sobre calquera aspecto relacionado co turismo no contexto territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A actividade do CETUR estrutúrase en diferentes áreas de traballo, asociada cada unha delas aos obxectivos estratéxicos e operativos establecidos. Estas son:

- Área de actividades docentes, na que se promoven e desenvolven cursos de especialización e/ou formación continua no campo do turismo.

- Área de investigación, encargada de incentivar, promover e coordinar os diferentes equipos de investigación integrados no propio CETUR.

- Observatorio turístico, no que se realiza un seguimento do sector turístico a partir da análise e estudo das súas principais compoñentes de oferta e demanda.

- Área de relacións exteriores, encargada de propor e asinar convenios con outros centros converxentes co CETUR, estimulando principalmente a colaboración intercentros a nivel nacional e internacional.

- Área de actividades, destinada á promoción e desenvolvemento de todo tipo de actos e actividades destinadas á divulgación e aprendizaxe de coñecementos relacionados co turismo (seminarios, congresos,...).

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir