Skip to main content

Centro de Estudo de Historia da Cidade

Universidad: 
Universidade Santiago
Director: 
en funcións: Prof. Antonio Rodríguez Colmenero
Dirección: 
(Sede provisional) Facultade de Humanidades. Complexo docente do campus de Lugo. Seminario 207
CP: 
27002
Localidade: 
  • EspañaGaliciaLugoLugo (Capital)

O Centro de Estudos de Historia e Cultura da Cidade xurdiu coa finalidade de ocuparse do estudo do fenómeno urbano histórico en todos os seus períodos pero, en especial, no que respecta ás épocas máis primitivas, con preferencia pola época romana. Esta é a vertente única na que actualmente se está a traballar xa que, non en van, asentouse na cidade de Lugo, paradigma de evolución urbana completa entre todas as de Galicia, na que o director do Centro e o seu equipo veñen traballando intensamente dende hai varios lustros.

Pero o urbanismo presupón tamén o estudo da rede viaria histórica que unía na antigüidade as cidades, e este é o obxectivo, entre outros varios en proxecto, do que se veñen ocupando algúns dos equipos de investigadores. Concretamente, acaba de saír á luz publicado polo Consello da Cultura Galega, un groso volume da autoría de A. Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierrra e Rubén Álvarez Asorey titulado "Miliarios e outras inscricións viarias do Noroeste Peninsular (Conventos Bracarense, Lucense e Asturicense)" elaborado enteiramente co apoio loxístico desta institución.

Outras actividades, ata a data pouco numerosas, consistiron en ciclos de conferencias, excursións científicas, reunións de traballo, etc.

Estase á espera da adecuación definitiva da sede co fin de poder renovar os cargos e poder fixar obxectivos máis ambiciosos.

Campus: 
Lugo
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir