Skip to main content

Casa de Europa

Universidad: 
Universidade Santiago
Dirección: 
Parque de Vistalegre Rúa Salvadas s/n
CP: 
15705
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
Teléfono(s): 
981 552 070
Fax: 
981 557 243

A Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada ó aloxamento de profesores convidados e visitantes procedentes doutras universidades do mundo que, cada vez con maior frecuencia, acoden a Santiago de Compostela para participaren nas nosas actividades docentes e investigadoras. Dispor dunha residencia con historia para os participantes en actividades académicas é un obxectivo deseñado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) co fin de reforza-la proxección internacional da nosa Universidade. A Finca Simeón ou máis coñecida significativamente coma Finca Vista Alegre (tal é a magnífica vista que se aprecia da cidade histórica e dos propios xardíns) acolle polo de agora dous edificios da Universidade de Santiago de Compostela: o Centro de Estudios Avanzados e a Casa de Europa. Cedidos en uso á USC a través do Consorcio da nosa cidade, con motivo da celebración do 500 aniversario da universidade compostelá. A conversión de propiedade privada en patrimonio público permítenos recuperar unha das parcelas máis valiosas no corazón de Compostela.

A Casa de Europa conta con seis cuartos de uso dobre ou individual, e diversos lugares de encontro que permiten dispoñer do mellor ambiente intelectual tanto para a realización de xuntanzas e reunións, coma para a estancia de participantes en congresos, conferencias, cursos ou foros organizados pola Universidade de Santiago de Compostela. O persoal encargado da posta en marcha do complexo Vista Alegre esfórzase día a día en darlle un toque persoal a residencia, coidando ó máximo tódolos detalles, co fin de facer á estancia dos hóspedes o máis agradable posible. A Casa de Europa ten unha situación estratéxica, é un lugar ideal para coñecer tódalas facetas de Compostela: a súa cultura (museos, igrexas e monumentos), o comercio, a gastronomía e a vida nocturna. E todo, ó seu alcance.

Campus: 
Santiago
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir