Skip to main content

Biblioteca Universitaria

Universidad: 
Universidade A Coruña
Dirección: 
Rectorado. Maestranza, s/n.
CP: 
15001
Localidade: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaA Coruña (Capital)
Teléfono(s): 
981 16 70 00 ext.1034/ 1036
Fax: 
981 16 70 15

A Biblioteca da Universidade da Coruña (UDC) é a unidade funcional de xestión de recursos de información que da soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais, co fin de poñelos a disposición dos usuarios.

Fondos

A Biblioteca Universitaria da UDC conta aproximadamente con máis de 670.000 libros, 7.600 coleccións de revistas en papel ademáis de distintos recursos electrónicos: 19.000 revistas, 16.000 libros e unhas 70 bases de datos, distribuidas entre os servizos centrais, as 12 bibliotecas de centros e as 4 bibliotecas intercentros, situadas nos campus da Coruña e Ferrol.

Horario

O horario das bibliotecas dos centros é, de 8:30 a 21:30 h. de luns a vernes, ininterrompidamente, agás os meses de xullo e agosto nos que se reduce por motivo das vacacions.

Agosto: de 9:00 a 14:00 h. 

Coruña- Semana Grande, (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto), o horario será de 9:00 a 13:00 h

Ferrol- Semana Grande, desde o día 24 ao 29, o horario será de 9:00 a 13:00 h

Usuarios

Son usuarios de pleno dereito da biblioteca todas as persoas que sexan membros da comunidade universitaria:

O persoal docente e investigador da Universidade da Coruña

Os estudantes da Universidade da Coruña, en cualquera dos seus ciclos.

O persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña

Poderán ter a condición de usuarios do servizo de préstamo aqueloutras persoas expresamente autorizadas pola Biblioteca ou que pertenzan a entidades con que existan convenios ou acordos para a utilización do servizo de préstamo. 

O préstamo formalizarase mediante a presentación da tarxeta de identificación universitaria ou dun documento oficial que identifique o usuario. A tarxeta de identificación universitaria terá validez para o servizo de préstamo mentres o usuario manteña a súa vinculación coa Universidade (ha de estar matriculado no caso dos estudantes e manter a relación laboral no caso de profesores e PAS).

A Carta de Dereitos e Deberes dos Usuarios está exposta en todos os puntos do Servizo.

O Servizo de Biblioteca establecerá programas de formación de usuarios para favorecer a súa autonomía informacional e fomentar o uso das coleccións.

Campus: 
A Coruña
Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir