Skip to main content

Biblioteca Universitaria

Universidad: 
Universidade Vigo

Presente fisicamente nos tres campus, a Biblioteca Universitaria conta en cada un deles cunha biblioteca central e varias salas repartidas polas escolas e facultades que compoñen a Universidade. Os seus servizos inclúen a consulta na sala, o préstamo a domicilio, información bibliográfica, recursos electrónicos e intercambio interbibliotecario, ademais de actividades formativas para os seus usuarios e usuarias.

Para facilitar o acceso de docentes, estudantes e persoal da Universidade a todos os recursos, os horarios das bibliotecas coinciden cos das facultades e escolas, excepto no período de exames, en que varias bibliotecas permanecen abertas ata a madrugada e durante as fins de semana.

En xaneiro de 2007 a Biblioteca Universitaria recibiu a certificación de calidade ISO:9000, que a sitúa á vangarda entre as universidades españolas.

Hai datos que non están actualizados? Axúdanos a manter os datos actualizados e envíanos os datos correctos. Entre todos podemos manter a páxina coa máxima utilidade posible. Grazas por adiantado
Compartir